O venres día 30 de setembro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 21:00 h a presentación das actividades de inverno de Lecer, cultura, deporte e da Oficina de Información Xuvenil previstas para a tempada 2022-2023.
O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns 3 de outubro ata o 14 do mesmo mes ou ata cubrir prazas. Pódese recibir máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 h ou no tfno. 982 393 408.
Como remate do acto haberá uns pinchos variados no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz e o que queira seguir coa festa poderá facelo na praza da vila onde actuarán La penúltima Sabinera e La Duendeneta.