CARTEL-MULLER-2021

O programa de Actividades de Promoción da Muller 2021 contempla un total de 7 propostas e unha aposta clara polas novas tecnoloxías dado que a maior parte das actividades que se ofertan desenvolveranse a través de internet ofrecendo contidos que permitirán desenvolver e mellorar habilidades dixitais e navegar con seguridade pola internet amosando como realizar actividades cotiás por medio do uso das novas tecnoloxías.

A partir do martes día 6 de abril estará aberto o prazo de inscrición nas seguintes actividades:

  • FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS (I) On line

Actividade de 18 h de duración na que se ofertan un total de 30 prazas.

Os contidos desta actividade son os seguintes:
Banca electrónica (4 h)
Sinatura electrónica (3 h)
Declaración da renda (3 h)
Comercio electrónico (4 h)
Ciberseguridade (4 h)

  • COMPETENCIAS DIXITAIS PARA A BUSCA DE EMPREGO On line *

Curso gratuíto de 20 h de duración, para 30 participantes. Este curso está deseñado para que as persoas interesadas poidan coñecer os recursos dispoñibles na internet que lles axudarán a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral a través dunha busca de emprego máis eficaz. Entre os contidos que se verán están: Competencias dixitais máis demandadas no mercado; portais e redes para a busca de emprego; Google Suite…

  • ACTIVIDADE FÍSICA AO AIRE LIBRE *

Proposta lúdica e de saúde que está previsto se poña en marcha a partir do 15 de xuño ata finais de setembro. Está actividade desenvolverase os martes e xoves no Campo de Santa Isabel (cando o tempo non acompañe, trasladarase á pista polideportiva do CEIP Laverde Ruíz). Ximnasia de mantemento ou relaxación son algunhas das opcións que atoparán as participantes nesta actividade.

  • FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS (II) On line *

Os contidos desta actividade son os seguintes:

Citas médicas e en organismos oficiais (2 h)
Seguridade en internet e no móvil (4 h)
Aplicacións para móbiles (4 h)
Videochamadas (Zoom, Skipe…) (4 h)
Sacamos proveito á tablet (4 h)

A programación prevista para 2021 completarase coas actividades:

PRODUTOS DE LIMPEZA ECOLÓXICOS On line; FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS (III) On line que oferta os contidos: Dixitalización de documentos (2 h) ; retoque de imaxes (fotográficas ou dixitalizadas (6 h) ; apps que fan a vida máis doada (Bizum, Evernote, Google Keep e códigos QR) (4 h); ciberseguridade (4 h) e a celebración do 25 DE NOVEMBRO, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero coa charla Prevención da violencia de xénero e da discriminación contra a muller.

Nos cursos de novas tecnoloxías, as persoas interesadas poderán realizar a totalidade da formación proposta para cada un deles ou seleccionar as actividades que lles interesen.

Coma sempre, as actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes.

Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 408.

Descarga o programa