Entrega Bandeira Verde

A Xunta de Galicia recoñeceu a 24 concellos galegos como territorios responsables coa concesión da Bandeira Verde, un distintivo que ten por finalidade poñer en valor o traballo e a implicación dos concellos galegos máis comprometidos co coidado da paisaxe e do patrimonio natural, dous dos elementos representativos e identificadores de Galicia.

O acto de entrega dos distintivos tivo lugar o pasado 18 de outubro en A Laracha (A Coruña) e no mesmo estivo presente o alcalde, José Pardo Lombao, que recolleu a bandeira verde por cuarto ano consecutivo da man da Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

A concesión deste recoñecemento supón ademais un mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e no ámbito da xestión de residuos.