O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CONVOCA AXUDAS PARA FOMENTAR A ADOPCIÓN DE CANS ABANDONADOS

Programa para fomentar a adopción de cans abandonados

O Concello de Outeiro de Rei convoca unha líña de axudas para todas aquelas persoas que desexen adoptar algún dos cans abandonados recollidos e custodiados polo Concello de Outeiro de Rei na Residencia canina Garatuxa.

O importe da axuda será de 100 euros por cada can adoptado; todos os cans e cadelas a adoptar atópanse en perfectas condicións sanitarias, correctamente desparasitados e vacinados. Asemade, contan co microchip correspondente.

As persoas beneficiarias asumen o compromiso de non abandonar o can e de mantelo en boas condicións de benestar animal, subministrándolle unha alimentación correcta e dispensándolle os coidados axeitados.

As persoas interesadas poderán realizar a adopción na Residencia canina Garatuxa situada en A Granda Pequena, nº 3A- Matela- Outeiro de Rei (LUGO),
tfno: 982 100 538 podendo solicitar as subvencións deste programa calquera persoa física ou xurídica que non se atope inhabilitada para a tenza de animais de compañía ou que non teña sido sancionado pola comisión de infraccións graves ou moi graves en materia de benestar animal.

As solicitudes serán atendidas por orde de entrada ata esgotar crédito segundo o previsto nas bases da convocatoria e deberán cursarse a través do Rexistro do Concello de Outeiro de Rei no modelo establecido a tal fin; o prazo de solicitude remata o 31/12/2023.

– BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA FOMENTAR A ADOPCIÓN DE CANS ABANDONADOS

– ANEXO DE SOLICITUDE

+ info.: No  Concello de Outeiro de Rei, teléf. 982 393 281 ; na Residencia Canina Garatuxa , teléf. 982 100 538; no FB Rescates Garatuxa