Bandeira verde 2022

A Xunta de Galicia vén de recoñecer 15 concellos como territorios responsables coa concesión da Bandeira Verde, un distintivo que ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.

O acto de entrega dos distintivos tivo lugar o pasado 21 de outubro en Sober e no mesmo estivo presente  o alcalde, José Pardo Lombao,  que recolleu a bandeira verde por segundo ano consecutivo da man da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.