O Concello de Outeiro de Rei aprobou a través de decreto de alcaldía de data 4/05/2020 a convocatoria de subvencións a pemes e autónomos para contribuír ao financiamento de gastos correntes durante a suspensión da súa actividade pola alerta sanitaria COVID-19.
Poderán acceder a estas axudas empresas e autónomos con domicilio social e centro de traballo ubicado no termo municipal de Outeiro de Rei que como consecuencia da suspensión de determinadas actividades acordada na declaración do estado de alarma e recollidas no RD 463/2020, de 14 de marzo, tiveran obriga de pechar o centro de traballo por un período mínimo consecutivo de 15 días (entre eles, bares, restaurantes, centros deportivos, museos, parques zoolóxicos,…) así como as empresas produtoras e distribuidoras de ditos establecementos.
O importe da subvención coincidirá co importe das cotas liquidables correspondentes aos consumos mínimos do recibo do servizo municipal de auga, lixo e alcantarillado correspondente ao bimestre de marzo/abril.
As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude na sede electrónica do Concello de Outeiro de Rei cubrindo o formulario previsto na convocatoria, Anexo I (cando os gastos que se imputen á xustificación sexan os da liquidación das taxas citadas será suficiente coa presentación do anexo I debidamente cuberto). Os autónomos, que non exerzan función colexiadas, poderán presentar a solicitude fisicamente no rexistro do Concello.
O prazo de solicitudes remata o 30/05/2020.
Máis información: Convocatoria subvencións PYMES e autónomos gastos suspensión actividade COVID-19 .
– CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A PEMES E AUTÓNOMOS_CONCELLO OUTEIRO DE REI