A partir de hoxe 15 de marzo e ata o 30 de abril, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2024/2025 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Durante este período de tempo, os pais/nais ou titores dos menores que estean na actualidade matriculados na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei deberán presentar a solicitude de reserva de praza no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.
Paralelamente, os pais/nais ou titores de menores que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.
Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei e tamén a web municipal dentro do banner de conciliación familiar (https://outeiroderei.gal/escola-infantil-municipal/)
SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2024/2025
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2024/2025