O Concello de Outeiro de Rei organiza un curso de formación de Monitor de tempo libre.Este curso terá unha duración total de 350 h que se distribúen do seguinte xeito:
- 200 horas teórico – prácticas que se impartirán dende o 23 de marzo ata o 26 de maio os sábados de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h e os domingos pola mañá en horario de 9:00 h a 14:00 h e durante o período de vacacional de Semana Santa.
- Superada a parte teórica,realizaranse as 150 horas da parte práctica. As persoas participantes escollerán onde facelas poñendo o Concello á súa disposición a posibilidade de facelas no programa municipal de conciliación familiar, en campamentos de verán ou noutras actividades.
O curso será de carácter gratuíto tendo sempre preferencia á hora de cubrir as 15 prazas que se ofertan as persoas do municipio con respecto ás de fora.
Documentación e requisito de acceso:
- Ter cumpridos os 18 anos no momento de comezar o curso.
- Estar en posesión do título de Graduado Escolar, ESO, Formación Profesional ou unha titulación semellante ou superior que supoña a realización previa dalgunha destas.
- Presentar copia do DNI e da titulación académica.
Dado que o número de prazas é limitado estas cubriranse por orde de solicitude, o prazo de inscrición permanecera aberto do 4 ao 20 de marzo, podendo anotarse ou recibir máis información nas oficinas da Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 h.