O Concello de Outeiro de Rei organiza una nova edición da feira de artesanía que terá lugar o sábado 6 de xullo.

Ao igual que nas edicións anteriores, na feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 2 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 h a 14:00 h.

O Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo).

Á hora de obter posto valorase a dedicación profesional á actividade artesanal ou alimentaria. Neste sentido, terán prioridade os talleres artesanais e as persoas dadas de alta na Seguridade Social (autónomos) e con carta de artesanía en vigor, non sendo de aplicación estes requisitos para as persoas que desexen participar e que estean empadroadas en Outeiro de Rei.
Igualmente, pretendese que na feira exista o maior número de oficios artesanais representados e valorase a calidade dos produtos, a presentación dos postos e a colaboración co Concello na realización de demostracións e talleres.