O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición no Obradoiro de reciclaxe de cousas que temos pola casa, financiado pola Deputación Provincial de Lugo dentro da programación de actividades medioambientais que se realizan nos concellos integrantes da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Este obradoiro celebrarase no Espazo Municipal de Autorreparación e Intercambio de Obxectos situado no Parque Empresarial de Outeiro de Rei ao carón do Punto Limpo os sábados 15, 22 e 29 de abril de 2023 en horario de 10:00 h a 14:00 h.
O número de prazas que se ofertan é de 15 e a cota de inscrición é gratuíta.
As inscricións están abertas dende o 24 de marzo ata o 12 de abril e pódense realizar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no teléfono 982 393 408.