O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, e a concelleira de servizos sociais, Mª José Martínez Vigo realizaron a presentación das Actividades de Promoción da Muller 2019 que como é habitual danse a coñecer o primeiro venres de febreiro dende hai 19 anos.
Finalizada a presentación abriuse o prazo de inscrición ata o día 25 de febreiro para as seguintes actividades programadas para o primeiro semestre do ano:
– ELABORACIÓN DE XABÓNS E COSMÉTICA NATURAL
Impartido por CARMEN LÓPEZ ARIAS, propietaria da PELUQUERÍA-BIO de Outeiro de Rei
A través deste taller, que está previsto se inicie a partir do 19 de febreiro, ofrecese a posibilidade de aprender a usar ingredientes naturais en beneficio da nosa saúde.
As participantes aprenderán a realizar xabóns para a limpeza doméstica pero sobre todo para uso cosmético atendendo ás características de cada tipo de pel:
Xabón natural artesanal roupa – vaixela; Xabón natural artesanal para a pel de romeu; Xabón natural artesanal para a pel de caléndula; Xabón natural artesanal para a pel de manteca Karité; Desmaquillante ultrasuave 100% vexetal con albaricoque; Xel exfoliante de rosa e grans de papoula; Serúm contorno de ollos con flor de aciano; Crema facial de argancan;Bálsamo con aceites para o corpo;Baño capilar de aceites de coco e ricino;Xampús vexetais; Bálsamo para a pel multifunción…
– INICIACIÓN AO HORTO ECOLÓXICO
Persoal técnico da empresa Nuevos Jardines serán os encargados de impartir esta formación a partir do 14 de marzo. Este curso orientarase a conseguir de maneira o máis doada posible un horto familiar, onde cultivar hortalizas para consumo propio.
As participantes aprenderán a:
- Crear e manter o seu propio horto familiar
- Conservar e fomentar a creación de solo fértil para o horto.
- Utilizar en cada momento as técnicas de cultivo máis adecuadas sen o uso de produtos tóxicos e contaminantes
- Controlar pragas e enfermidades de maneira biolóxica
- Producir alimentos de gran calidade nutricional
– TALLER DE COIRO
A persoa encargada da impartición deste taller será o artesán José Ramón Lleo Fisure que leva toda unha vida adicada a traballar o coiro.
Este curso proponse para aprender a elaborar e rematar diferentes pezas de coiro de forma artesá, feitas con ferramentas básicas e manuais de forma que nos quede o coñecemento do proceso detallado na elaboración de calquera peza de coiro.
Analizarase o proceso de elaboración, dende o deseño, pasando pola realización do patrón e rematando co acabado das pezas, de xeito que queden claros os pasos a dar, para a realización das nosas pezas de coiro.
Insistirase en explicar o uso de certas ferramentas que precisaremos para ditos procesos
Por outro lado, con motivo da celebración do Dia Internacional da Muller,o Concello organiza o terceiro concurso de fotografía que baixo o título A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI pretende visibilizar o traballo das mulleres no concello de Outeiro de Rei en diferentes eidos da nosa sociedade e en calquera ámbito (público ou privado).
Establécense dúas categorías:
- FOTOGRAFÍAS ANTIGAS
- FOTOGRAFÍAS ACTUAIS
O premio será 200 € para a fotografía gañadora de cada sección. Os traballos pódense presentar no rexistro do Concello (presencialmente ou por correo postal certificado) a partir do luns día 4 de febreiro ata o día 25 deste mes, ambas datas incluídas.
Cos traballos que se presenten esta previsto realizar unha exposición que será inaugurado o día 8 de marzo, data na que se darán a coñecer as fotografías gañadoras e na que se realizara a entrega de premios.
A programación prevista para 2019 completarase, xa no segundo semestre do ano, coas actividades: Iniciación ao tiro con arco; De feira á feira franca medieval de Betanzos; Habilidades informáticas para tempos actuais; Reciclaxe e restauración de mobles; Iniciación ao scrapbooking e a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa charla: Prevención, detección e pautas de actuación en casos de violencia de xénero.
Lembrar que na web municipal outeiroderei.org existe un enlace ao CORREO DA IGUALDADE no que a través dun formulario ao que se pode acceder dende a web municipal as persoas que o desexen poderán realizar as súas achegas ou suxestións en materia de igualdade.
Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 408.
– Descarga o programa
– Descarga as bases do concurso de fotografía
– Accede ao correo da igualdade