O pasado sábado o Club de Campo e Tiro de Bonxe foi escenario da primeira edición da PRETORIAN RACE, carreira de obstáculos incluída dentro do circuíto galego e que por primeira vez se celebra en territorio lucense.
Este evento reuniu a máis de 600 persoas e contou coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei.