Onte, José Pardo Lombao recibiu a visita da presidenta da Fundación ArtesanoGroup, Carmen Julieta Centeno e do artista Julio Loaiza, ambos acompañados pola cesteira local Idoia Cuesta.

Nesta recepción o alcalde foi informado do traballo que esta entidade venezolana realiza no seu país de orixe e dun proxecto que están levando a cabo actualmente, un traballo baixo o título A fibra, o tecido e a cestería. Durante esta visita manifestaron que o obxectivo da súa residencia artística por España era o de coñecer e investigar artistas e artesáns que traballan na área téxtil. Foi esta labor de investigación a que levou a Julio a contactar, entre outros artesáns, con Idoia, durante a VIII Bienal de Arte Textil Contemporánea: Ciudad Sostenible celebrada en Madrid.