Hoxe, día 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e un ano máis,  dende o Concello de Outeiro de Rei, queremos manifestar o noso firme rexeitamento contra calquera forma de violencia contra as mulleres.

Por estas datas temos sempre un especial recordo para as mulleres que perderon a vida vítimas da violencia, sen esquecer ás súas familias e amizades.

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero contabiliza a data 25/11/2024, 41 mortes de mulleres, a última delas acontecida no día de onte na localidade de Estepa, 4 delas en Galicia; soamente en 9 destas 41 mulleres hai constancia institucional de violencia de xénero (a través de denuncias ou outros medios).

A violencia de xénero ten outras vítimas: os/as menores de idade. No que vai de ano hai 8 menores mortos por esta violencia. Ademais, ata o momento, quedaron orfos/orfas 32 menores de idade por esta causa  terrible .

Miles de chamadas rexistradas ao longo do ano  ao 016 e a outros teléfonos e servizos, miles de denuncias por violencia de xénero (96435 do 1 de xaneiro ao 30 de xuño), datos que non deixan de medrar e que falan da necesidade de seguir tomando  conciencia da lacra que supón esta violencia; como sociedade debemos implicarnos e rexeitar calquera tipo de comportamento violento.

En moitas ocasións,  aínda que hai maltrato non hai denuncias e outras moitas, a muller denuncia pero despois retira a acusación ou non vai a declarar.  Lembrar que todas as persoas que formamos parte desta sociedade temos a obriga de denunciar, facendo visible calquera situación de risco ou de violencia que coñezamos.

TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Teléfono da muller de Galicia 900 400 273
Atención telefónica a vítimas de malos tratos 016
Traballadora social do Concello de Outeiro de Rei 982 393 281
Atención por Whatsapp a vítimas de malos tratos 600 000 016
Atención online a vítimas de malos tratos 016-online@igualdad.gob.es
Teléfono de urxencias 112
ATENPRO (Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas de violencia contra as mulleres) 900 222 292
Atención psicolóxica a mulleres e menores vítimas de violencia de xénero (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia) 629 777 595
Xulgado de Violencia de Xénero (Lugo) 982 294 735

 

Ademais, en caso de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado: Policía Nacional (091) e Garda Civil (062).

Igualmente, ante unha situación de perigo pódese usar a aplicación ALERTCOPS, que permite enviar unha sinal de alerta á policía con xeolocalización; todos estes medios poden ser usados polas vítimas pero tamén por calquera persoa que coñeza ou sospeite dun caso de violencia de xénero; calquera persoa coñecedora está obrigada a alertar e poñelo en coñecemento das autoridades, pensando sempre que podemos estar  evitando un delito e incluso un asasinato; a indiferenza e o silencio non son, non poden ser unha opción.