A Oficina de Información Xuvenil de Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude do MULTIVAVENTURA EN VIVEIRO que está previsto se desenvolva do 28 ao 30 de xuño para rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO.
Ao ser limitado o número de prazas (20), estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia os rapaces empadroados no concello con respecto aos de fóra).
O prazo para anotarse permanecerá aberto do 3 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas; a cota de inscrición é de 50 €, que deberá aboarse sempre antes de rematar o prazo de solicitude.
Está previsto que as persoas participantes realicen unha viaxe ao parque acuático de Cerceda e practiquen actividades deportivas coma surf, tirolesa etc.
A realización desta actividade ou a posible modificación da mesma queda supeditada a posibles imprevistos que poidan xurdir pola situación sanitaria da Covid-19.
É obrigatorio o uso de máscara.
Os participantes virán durmir a casa todos os días.
Poden reservarse as prazas ou recibir máis información nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.