Mosteiro (San Salvador)

Parroquia do arciprestado de Aguiar, diocese e provincia de Lugo. Delimitada polas parroquias de San Lourenzo de Aguiar (N e NE), San Clodio de Aguiar (E e SE), Bonxe (O e NO) e polo concello de Lugo (S e SO); presenta unha extensión de 8,1 km2 e dista 7,9 km da capital do municipio.

Esta parroquia consta de 10 aldeas:

  • Carballido
  • Couso
  • Felmil
  • Ferreira
  • O Granxo
  • O Hedrado
  • Maceda
  • Outón
  • Casa do Monte
  • Carballido de Arriba

Baña as súas terras os regos da Pontebella, de Santa Marta, de Acea, dos Fornos e das Veigas de San Lourenzo. Os seus principais accidentes xeográficos son o Cordal Acea (490 m) e o Cordal Ardellal (539 m).

En canto ao patrimonio histórico-arqueolóxico localizado nesta parroquia, podemos falar da existencia dun cruceiro, hoxe desaparecido no lugar chamado Campo do cruceiro. Así mesmo, atopamos unha casa con escudo de armas en Couso.

Festividades:

A última fin de semana de agosto celébrase o San Salvador.
Antigamente tamén festexábase a Virxe do Rosario (en outubro).