O Concello de Outeiro de Rei dentro das actividades de Nadal organiza un MERCADO DE NADAL destinado á venda de produtos de Nadal, alimentación, artesanía, agasallos, complementos, produtos de segunda man etc. e abre o prazo de solicitude para a ocupación dos postos.
O mercado terá lugar o vindeiro 20 de decembro en horario de 12:00 a 19:00 horas no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruíz.
A participación no Mercado de Nadal é gratuíta pero é preciso inscribirse para poder participar no mesmo; o prazo de admisión de solicitudes permanecerá aberto do 24 de novembro ao 12 de decembro de 2025.
As solicitudes para participar cun posto no mercado pódense presentar:
- De forma presencial, nas oficinas municipais do Concello de Outeiro de Rei achegando a documentación, de luns a venres, en horario de 9.00 a 15:00 horas.
- Mediante correo electrónico, enviando toda a documentación a xuventude@concellodeouteiroderei.org.

