Matela (Sta. María Madanela)

Parroquia do arciprestado de Aguiar e da diocese e provincia de Lugo. Delimitada por Folgueira (N e NE), Vilela (E), Bonxe (SE e S), San Xoán de Outeiro de Rei (SO) e Santa Mariña (O e NO); presenta unha extensión de 3,7 km2 e dista 2,6 km da capital do municipio.

Está composta polos 5 seguintes barrios:

  • Albarón
  • Malde
  • Matela
  • A Granda Pequena
  • As Rozas

Circulan polas súas terras os regos do Pedragoso, Merlán e de Abaixo e non supera os 300 m de altitude.

A primeira referencia bibliográfica da citada parroquia atopámola nun documento do arquivo catedralicio de Lugo con data de 30 de xuño de 984 no que aparece mencionada a “villa Matela”.Dentro do seu termo atopamos preto da aldea de Albarón un conxunto de mámoas, moitas delas hoxe desaparecidas, ben polos traballos agrícolas, construción de camiños…etc, así como un cruceiro (sen data de realización).

Festividades:

Festa na honra a Santa Lucía e Santa Madanela o segundo ou terceiro domingo de xuño.

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.