Martul (San Pedro)
Parroquia do arciprestado de Narla e da diocese de Lugo. Linda coas parroquias de Caboi (N e NE), Robra (E e SE), Parada (S e SO) e Francos (O e NO); presenta unha extensión de 5 km2 e dista 4,6 km da capital do municipio.
Bordean as súas terras os ríos Miño e Ladra e os regos de Batán e de Province. Alcanza a súa máxima altitude no monte Cordal Chinto (500 m).
Esta formada por 2 barrios:
Sobre a antigüidade da mesma, coa grafía “Martur” figura esta parroquia nun vello inventario de bens da catedral de Lugo pertencente, segundo a maioría dos historiadores, ao século XII. Dos vestixios históricos-arqueolóxicos localizados en Martul cómpre destacar o vaso de borde revirado atopado nunha mámoa do Cordal de Acevedo, pertencente á Idade de Bronce; así como o gravado megalítico (actualmente na casa reitoral de Martul) e a igrexa parroquial, de orixe románica (aínda que só conserva da primitiva construción a ábsida).
Festividades:
O penúltimo ou o último fin de semana de agosto celébrase o San Bieito.
O 29 de xuño o San Pedro.
Antigamente celebrábase tamén o primeiro domingo de outubro a Virxe do Rosario.