Este venres día 3 de maio ás 11:00 h terá lugar o acto oficial de izado da BANDEIRA VERDE 2023 ao carón da Casa Consistorial de Outeiro de Rei, acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, que estará acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias e o director do Instituto de Estudios do Territorio, Enrique Luis de Salvador Sánchez, autoridades municipais e público que desexe asistir ao mesmo.
Este distintivo foi outorgado recentemente pola Consellería de Medio Ambiente ao Concello de Outeiro de Rei por terceiro ano consecutivo, un distintivo que ten por obxecto ensalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.
Ese mesmo día, dentro do programa de protección medioambiental e de concienciación coa reciclaxe impulsado dende o Concello de Outeiro de Rei, está previsto un punto informativo que estará instalado por segundo día consecutivo na praza da vila en horario de 11:00 a 14:00 h; no mesmo, as persoas que o desexen poden recibir información sobre compostaxe e mesmo solicitar un dos 50 composteiros que se repartirán gratuitamente entre veciños e veciñas do concello que o soliciten.
Esta campaña está financiada con fondos europeos Next GenerationEU da Unión Europea, a través da Xunta de Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e polo propio Concello de Outeiro de Rei.