A partir deste venres estarán abertas ao público as piscinas de Bonxe aínda que en atención aos tempos que estamos a vivir o aforo será limitado para garantir a seguridade sanitaria.

O aforo da instalación é de 82 prazas que se completará por orde de chegada e no caso de chegar ao limite pecharase o acceso.
Ademais dun límite de persoas que poden acceder á instalación está previsto tamén un límite de persoas que poden estar ao mesmo tempo na piscina que no caso da piscina infantil establecese en 12 e na piscina grande en 40 persoas.

Horarios e tarifas