O Concello de Outeiro de Rei dentro das actividades de Nadal e co obxectivo de ambientar as rúas e pobos do municipio, convoca  o  IV Concurso de Decoración de Nadal de Fachadas e Xardíns de Outeiro de Rei.

A temática a desenvolver na decoración será exclusivamente relativa ás Festas de Nadal e poderán participar no concurso todos os veciños e veciñas censados neste concello. A decoración deberá estar instalada e en funcionamento antes do 10 de decembro.

A inscrición será gratuíta. As persoas  participantes terán que enviar dúas fotos actuais da decoración da fachada e/ou xardín ao correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org. As fotos teñen que ser actuais, orixinais e inéditas e non poden conter persoas.

Neste mesmo correo deben incluír o Anexo I cos datos persoais e de localización da vivenda.

O prazo de solicitudes está aberto do 24 de novembro ao 12 de decembro de 2025.

Premiarase a decoración que proporcione un mellor ambiente festivo. Os premios terán as seguintes dotacións económicas:

DOUS  PREMIOS DE 100 €
DOUS  PREMIOS DE   75 €
DOUS  PREMIOS DE   50 €

O fallo do xurado farase público na páxina web do Concello, antes do 10 de xaneiro de 2026.

ANEXO CONCURSO

BASES CONCURSO

CARTEL CONCURSO