En datas recentes chegou ao Concello información de que proximamente estará dispoñible neste municipio o servizo de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz dos principais operadores móbiles.

Estas redes chegan para mellorar a velocidade de conexión a internet, servizos de TV, vídeo e música baixo demanda, ademais de novos servizos que verán a luz nos próximos tempos para aproveitar o potencial das novas  tecnoloxías.

A prestación dos servizos móbiles nestas bandas novas de frecuencia pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal da TDT.

Para resolver ditas afectacións, no caso de que se produzan, a empresa Llega700 é a entidade xestora encargada de resolvelas; a tal efecto,  os/as veciños/as teñen a disposición un teléfono gratuíto e unha páxina web para máis información.

O número de teléfono gratuíto para a comunicación das afectacións é:

900 833 999

Tamén pode comunicarse a través da páxina web:

www.llega700.es

Segundo informa a empresa xestora, este servizo gratuíto manterase en funcionamento durante os próximos seis meses.

 

Cartel Llega700