O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 10 de marzo  a xornada MÓVETE CON EQUILIBRIO (INCHABLES DEPORTIVOS), unha xornada de actividades físico–deportivas con inchables deportivos como  táboa de surf, pista americana, rocódromo etc. Movemento con equilibrio para desenvolver habilidades motrices (desprazamentos, xiros, saltos, trepa…).

Esta actividade terá lugar o VENRES 10 DE MARZO no PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:30 h a 19:30 h. Está dirixida a nenos e nenas de 5 a 16 anos e a inscrición estará aberta ata cubrir as 120 prazas dispoñibles.

A actividade é gratuíta; para asistir é preciso anotarse a través do código QR que aparece no cartel ou na páxina web corresponsables.usc.gal. O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTARÁ ABERTO DO 23 DE FEBREIRO AO 7 DE MARZO.

 

O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 10 de marzo  a xornada MÓVETE CON EQUILIBRIO (INCHABLES DEPORTIVOS)