O Concello de Outeiro de Rei dentro das actividades de Nadal e co obxectivo de ambientar as rúas e pobos do municipio, convoca o III Concurso de decoración de Nadal de fachadas e xardíns de Outeiro de Rei.
A temática a desenvolver na decoración será exclusivamente relativa ás festas de Nadal e poderán participar no concurso todos os veciños e veciñas censados neste concello. A decoración deberá estar instalada e en funcionamento antes do 10 de decembro.
A inscrición será gratuíta. As persoas participantes terán que enviar dúas fotografías da decoración da fachada e/ou xardín ao correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org . As fotos teñen que ser actuais, orixinais e inéditas e non poden conter persoas.
Neste mesmo correo deben incluír o Anexo I cos datos persoais e de localización da vivenda.
O prazo de inscrición estará aberto do 25 de novembro ao 13 de decembro de 2024.
Premiarase a decoración que proporcione un mellor ambiente festivo. Os premios terán as seguintes dotacións económicas:
DOUS PREMIOS DE: 100 €
DOUS PREMIOS DE: 75 €
DOUS PREMIOS DE: 50 €
O fallo do xurado farase público na páxina web do Concello antes do 10 de xaneiro.
Bases III Concurso de Decoración Fachadas e Xardíns Nadal 2024