Recollendo as conclusións extraídas na primeira xornada dedicada aos bosques como memoria viva dos pobos, constatamos que o legado natural e o ecosistema dos concellos de Begonte e Outeiro de Rei posúen unha rede harmónica de illas, ríos, lagoas e bosques que o converten en Lugar de Interese Comunitario integrado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, de incalculable valor ecolóxico que convén recuperar, ampliar e protexer.

Os restos arqueolóxicos achados na zona, sumados ao patrimonio arquitectónico existente, aportan tamén un excepcional valor engadido que ampara e pon de releve a hipótese defendida polo Grupo de Traballo do Bosque Sagrado, que a considera antigo lugar de culto, cuxa conservación e protección é necesaria e urxente.
O inmaterial, tanto no que se refire a un coñecemento autóctono gardado en antigos oficios, como o patrimonio oral, literario e ritual deste territorio, adquire na Terra Chá dimensións sobresalientes, profundas e arraigadas, cuxo coñecemento e comprensión nos integran de cheo nas relacións ancestrais e de encontro entre home, espírito e natureza.

Memoria, saberes, técnicas, formas de organización social, celebracións rituais e festivas e mulleres da chaira supoñen no seu conxunto unha actividade distintiva e de resultados plurais nun territorio concreto e identificable e que poñen de manifesto a capacidade do home para transformar a natureza en cultura.

Todo iso, co paso dos séculos, xerou un pequeno cosmos integrador destes elementos propios que nos obriga a emprender iniciativas que se encamiñen a conservar, protexer, promover e difundir os valores deste territorio, acompañando cada iniciativa dunha delicada actuación que evite descompensar o equilibrio natural alcanzado.
Nesta liña, o Grupo de Traballo propón unha segunda xornada para afondar no coñecemento de ditos valores desde unha perspectiva humanística que propicie o respecto e reencontro individual e colectivo da comunidade co seu medio natural.

10:00h. a 10:10h.

Inaguración

José Ulla Rocha,
Alcalde de Begonte
José Pardo Lombao,
Alcalde de Outeiro de Rei
Xulio Xiz

10:10h. a 11:00h.

Presentación da Ruta do Círculo de Donalbai

Carlos Sánchez-Montaña Ángel Trabada

11:00h. a 11:50h.

As arcaicas sacralizacións da pedra na simboloxía románica

Xosé Lois García

11:50h. a 12:00h.

Pausa café

12:00h. a 13:00h.

O “Locus Amoenus”, o paraíso perdido en Galiza

Felipe-Senén López.

13:30h. a 14:30h.

Inauguración da Ruta

Percorrido do tramo Carral-Penas de Rodas

20:00h. a 21:00h.

Benvida ao solsticio de verán en Penas de Rodas

Percorrido do tramo Carral-Penas de Rodas

21:30h. a 22:30h.

Presentación de novo disco A fronda dos cervos