O   día 16 de decembro de 2023 terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei a II XORNADA DO CASTIÑEIRO PRODUTOR DE CASTAÑA organizada pola empresa CampoLab que contará coa presencia de María Fraga Meizoso de Fauna Útil, Miguel Ángel Vázquez de la Mata de Viveros Castanea Sativa, Fina Lombardero da USC e a investigadora Josefa Fernández López que xunto co enxeñeiro da empresa organizadora,  Pablo Antonio Fraga Gontán,  abordaran cuestións relacionadas co cultivo da castaña, dende a planificación e toma de decisións antes de plantar ata a comercialización deste produto e outras cuestións como tratamentos preventivos contra pragas producidas por fungos.

Durante a xornada, xa pola tarde,  tamén está prevista unha charla coloquio na que participarán técnicos/as, produtores/as e comercializadores/as que analizarán a problemática do sector da castaña.

Tralo éxito da xornada celebrada o ano pasado, a empresa CampoLab, empresa  radicada no Viveiro Industrial de Outeiro de Rei, anima ás persoas interesadas a asistir a esta xornada que conta co apoio do Concello de Outeiro de Rei.

Para asistir é  preciso inscribirse no correo electrónico campolabsl@gmail.com ou no Whatsapp 654 142 938 indicando nome e apelidos, DNI e ocupación.

 

PROGRAMA II XORNADA DO CASTIÑEIRO PRODUTOR DE CASTAÑA