MESA INTERINSTITUCIONAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

MESA INTERINSTITUCIONAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

O día 21/11/2018 constituíuse a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Outeiro de Rei, unha iniciativa que naceu para loitar contra a violencia de xénero e para crear as ferramentas necesarias para a coordinación  en materia de intervención e de prevención a nivel municipal.

A Mesa está composta do seguinte xeito:

PRESIDENCIA
Alcalde do Concello de Outeiro de Rei

SECRETARÍA
Técnica de Emprego e Desenvolvemento Local

SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA
Secretaría Xeral de Igualdade

SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO
Concelleira de Servizos Sociais
Traballadora social
Educadora familiar

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS
Coordinadora do servizo de condutas aditivas

SERVIZO DE DEPORTES DO CONCELLO
Concelleira de deportes

UNIDADE DE VIOLENCIA DE XÉNERO DA SUBDELEGACION DO GOBERNO
Xefa da Unidade

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO
Representante das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

CENTROS SANITARIOS
Centro de Atención Primaria de Outeiro de Rei

CENTROS EDUCATIVOS
Directora Escola Infantil Municipal
Directora CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei
Director IES Río Miño de Rábade

ASESORÍA XURÍDICA
Secretario do Concello de Outeiro de Rei

ENTIDADES ASOCIATIVAS
ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS SANTA ISABEL
Presidenta Asociación

A coordinación dos diferentes ámbitos representados facilitará poder dar resposta máis áxil e adaptada no caso de haber vítimas de violencia de xénero e igualmente facilitará a detección precoz de casos. Esa imprescindible coordinación permitirá tamén o coñecemento de recursos e das liñas de traballo dos diferentes ámbitos, favorecendo a homoxeneización de criterios de actuación e impulsando estratexias de sensibilización  cara á erradicación da violencia de xénero entre outras medidas.

MESA INTERINSTITUCIONAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

Imaxe 1 de 6