A partir de hoxe estarán abertas ao público as piscinas de Bonxe aínda que en atención aos tempos que estamos a vivir o aforo será límitado para garantir a seguridade sanitaria.
O aforo da instalación é de 82 prazas ou ata cubrir as parcelas previstas (10 parcelas de 4×4 para 3 persoas ou 13 parcelas de 5×5 para 4 persoas).
O aforo completarase por orde de chegada e no caso de chegar ao lImite pecharase o acceso á instalación ata que quede unha parcela dispoñible.
Ademais dun límite de persoas que poden acceder á instalación está previsto tamén un límite de persoas que poden estar ao mesmo tempo na piscina que no caso da piscina infantil establecese en 7 e na piscina grande é de 40.
Novas HOXE ABREN AS PISCINAS DE BONXE