Guillar (San Martiño)
Parroquia pertencente ao arciprestado de Coutos da Esquerda e á provincia e diocese de Lugo. Limita coas parroquias de Robra (N e NO), Silvarrei (NE) e de Parada (O) e co concello de Lugo (E, SE, S e SO); presenta unha extensión de 4,3 km2 pasando polas súas terras o río Miño e o rego de Santa Marta. Dista 2,9 km da capital do municipio.
Esta parroquia posúe os seguintes 12 barrios:
En canto ao seu patrimonio histórico-arqueolóxico compre destacar o Castro de Tourón, sito preto da aldea de O Castro, é un dos máis importantes do concello polos achados localizados nel, non só castrexos senón tamén romanos: muíños de pedra, vasillas, machadas etc; dous cruceiros, un do ano 1840 e outro de 1896, así como o pombal de Guillar, cualificado na Enciclopedia Galega como un dos máis fermosos de Galicia.
No seu termo atopamos varios establecementos de hostalería, entre eles: o Restaurante – Pensión González así como un fermoso parque denominado Marcelle Natureza (673 198 456, www.marcellenatureza.com). Sobre 20 Has de terreo danse cita gran variedade de aves e mamíferos (avestruces, bisontes, cervos, renos, oso pardo, aguias, dromedarios, renos, etc). Completan as súas instalacións un merendeiro e unha tenda de agasallos.
Festividades:
Actualmente festéxase o San Antonio e a Virxe do Rosario o segundo domingo de xuño.
Ata hai uns 30 anos, celebrábase o San Martiño (o 11 de novembro).