Santiago de Gaioso (Santiago)

Parroquia do arciprestado de Narla e da diocese de Lugo. Linda coas parroquias de Francos (SE e S) e Candai (SO) e co concello de Begonte (N, NE, E, O e NO); presenta unha extensión de 3,6 km2 e dista 10,4 km da capital do municipio.

Esta parroquia divídese en 6 aldeas:

  • A Feira
  • Eirexa
  • Lama
  • Longarela
  • A Ponte
  • Xueus

Pasan polas súas terras o río Ladra e os regos da Lama, do Monte, da Ribeira e de Dongrandio.

Alcanza a súa máxima altitude no lugar de Paraños (614 m), tamén chamado Cruz de Quinto, un dos puntos máis elevados do municipio e fantástico miradoiro natural da zona central da provincia de lugo. Nesta parroquia atópase a espazosa área recreativa de Penas de Rodas (484 m) onde se localizan dúas enormes e orixinais moles graníticas que son resultado da erosión diferencial sufrida ao longo de millóns de anos e que dende o seu emprazamento permiten tamén observar unha ampla panorámica.

penasderodas1
Pena de Rodas
Pena de Rodas

Entorno a estas pedras a fantasía popular creou numerosas lendas. A máis estendida é aquela que afirma que no interior dunha delas hai ouro mentres que a outra garda alcatrán, e de romperse este última toda a comarca quedaría anegada. O non poder identificar cal é a que garda o tesouro, salváronse as dúas.

Como vestixios históricos destacar a presenza dunha mámoa no Agro de Paradela, así como de dúas casas solariegas: a Casa de A Barreira e a Casa de Ribado.

Esta parroquia é atravesada polo chamado Camiño Francés, un dos ramais nos que se divide o Camiño Real ao o atravesar a ponte que une Outeiro de Rei a Rábade.

Campo da Feira de Gaioso
turismorural_rioladra
Restaurante Río Ladra

Durante a Idade Moderna e ata 1950 / 1960 (aproximadamente) celebrouse nesta parroquia (concretamente no barrio de A Feira) unha feira o día 3 de cada mes á que acudían persoas das distintas parroquias do municipio e da comarca para vender ou mercar gando, queixos, cereais, olas…

Nese mesmo lugar (o Campo da Feira) dende 1900 érguese un cruceiro.

En Gaioso atopamos ademais unha casa de turismo rural: Río Ladra, 982 390 706, www.rioladra.com.

Festividades:

Romaxe de Penas de Rodas

Celébrase o Santiago Apóstolo e Santa Ana (o 25 - 26 de xullo).
En Penas de Rodas, a Asociación Cultural Penas de Rodas organiza a tradicional Romaxe de Penas de Rodas que se celebra o primeiro domingo de agosto.
Antigamente festexábase tamén o San Antonio (17 de xaneiro) e o San Roque (en agosto).