O Concello de Outeiro de Rei colabora con BeProject Consultores e Ara Formación no Proxecto formativo “GALEGAS DIXITAIS”. É un proxecto de formación para formar gratuitamente as mulleres en competencias dixitais. Este proxecto está financiado pola Unión Europea no marco do o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Como requisito para participar nesta formación é necesario estar inscrita na Oficina de Emprego (demandante de emprego ou como mellora de emprego).

Que gañarás participando neste proxecto?

1. Aprender a usar as novas tecnoloxías para o día a día.
2. Mellorar a túa capacidade de empregabilidade.
3. Levarte un ordenador portátil totalmente gratuíto para ti.

A formación impartirase no Centro Cultural de Robra, dende o 22 de agosto de 2022 ata o 29 de setembro de 2022 en horario de 9:00 h a 14:00 h.
Nº de prazas: 15

As persoas interesadas poden recibir máis información ou realizar a inscrición no tfno. 604 080 504.

Descargar cartel