O Concello de Outeiro de Rei organiza para o venres día 2 de xuño a XXIII FESTA DOS NENOS E DAS NENAS, na que o público infantil e a rapazada poderán gozar de diferentes inchables, kars e tobogáns de forma gratuíta en horario de 16:30 h ata as 19:00 h.
Como remate final haberá a tradicional festa da escuma, para a que se lembra a conveniencia de vir preparados para a molladura.
Se o tempo acompaña, terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva, trasladarase ao pavillón municipal e ao pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.