Festa dos nenos

O Concello de Outeiro de Rei, tras dous anos de parón, organiza para o vindeiro  venres día 3 de xuño a XXII FESTA DOS NENOS, na que pequenos e rapaces poderán gozar de diferentes inchables, kars e tobogáns  de forma gratuíta en horario de 16:30 h  ata as 19:00 h.

Como remate final, haberá a tradicional  festa da escuma, para a que se lembra a conveniencia de  vir preparados para a molladura.  

Se o tempo acompaña, terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva, trasladarase ao pavillón municipal e o pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.