Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas de Nadal organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis, que dará comezo ás 17:00 h   coa actuación do Mago Rafa no Salón de Actos da Casa da Cultura; ao seu remate, sobre ás 18:15 h terá lugar unha festa- merenda con roscón de Reis e lambetadas varias á que está convidada toda a infancia do municipio e que se realizará no pavillón municipal de deportes.

Posteriormente, sobre ás 19:00 h, terá lugar a chegada das súas Maxestades de Oriente ao pavillón municipal onde repartirán agasallos aos máis pequenos. A tal fin, os pais e nais que así o desexen poderán levar os regalos dos seus fill@s á Casa da Cultura (xunto ao colexio) a semana do 30 de decembro ao 3 de xaneiro en horario de oficina e o mesmo día 5 pola tarde, de 16:30 h a 19:00 h, ao pavillón para que lles sexan entregados polos Reis na mencionada festa.