Festa de Reis en Outeiro de Rei

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas do Nadal organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional visita dos Reis Magos.

Os Reis Magos estarán no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruíz dende as 17:00 h ata as 19:30 h  para que os nenos e as nenas do municipio  poidan facer unha foto cos Reis.

Os  pais/nais que así o desexen,  poderán  levar un (1)  regalo para seus fillos/as  á Casa da Cultura ( xunto ao colexio)  os días 3,  4 e 5 de xaneiro  en horario de oficina , e o mesmo martes  día 5  pola tarde de 17:00 h a  19:00 h, regalos que serán entregados despois polas súas maxestades.

En todo momento cumpliranse  as normas  hixiénico-sanitarias en vigor motivadas pola covid-19.

Festa de Reis en Outeiro de Rei