Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2020, o Concello de Outeiro de Rei organiza a XXII edición do tradicional CONCURSO DE DISFRACES; a cita terá lugar o día 23 de febreiro (domingo de Entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo Trío D´Nika.
Xa están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo. O prazo para anotarse permanecerá aberto do 3 ao 20 de febreiro na Casa da Cultura, en horario de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día da celebración de 17:00 h a 17:45 h.
Os 2.080 € de premios repártense da seguinte forma:
COMPARSA |
1º PREMIO: 400 Euros |
2º PREMIO: 300 Euros | |
3º PREMIO: 200 Euros | |
PARELLAS |
1º PREMIO: 200 Euros |
2º PREMIO: 120 Euros | |
INDIVIDUAL |
1º PREMIO: 150 Euros |
2º PREMIO: 100 Euros | |
INFANTIL |
1º PREMIO: 150 Euros |
2º PREMIO: 100 Euros |
Este ano haberá ademais tres premios especiais que son :
Premio especial para comparsas de Outeiro de Rei de 150 € (sempre e cando non leven ningún dos tres premios de comparsas), para poder acceder a este premio o 90% dos compoñentes debe ser do municipio.
E tres premios especiais a maiores por un importe de 100 €, 60 € e 50 € cada un , para calquera das categorías se o xurado o considera necesario.
Poden solicitar mais información chamando ao 982 393 408 ou no correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org.