O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 20 de abril a primeira FESTA DA XUVENTUDE, que terá lugar na Rúa C  baixo carpa cuberta.

A festa que comeza ás 13:30 h  contará coas seguintes  actuacións: Dúo Dilema, Dj Francis, Charanga Mil-9,  verbena a cargo da orquestra Olympus  e o Dj Jairo LQ.

Tamén haberá un punto de información sobre o Carné Xove.

Na festa haberá posibilidade de xantar; a comida baixo carpa ten un custo 25 € para as persoas maiores de 15 anos, de 15 € para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos e é gratuíta para  nenos e nenas menores de 6 anos. Todas as persoas interesadas poderán recoller os tickets da comida no Bar O Pozo de Outeiro de Rei ata o vindeiro 15 de abril.

Colaboran: Xunta de Galicia, Carné Xove, Abanca, Concello de Outeiro de Rei ademais de varias empresas do municipio.

Festa da Xuventude - Outeiro de Rei