Data: Venres 25 de outubro do 2024
Nome da actividade: App En Movemento de Sanidade Mediaverso na 3ª idade.
Descrición: O Concello de Outeiro de Rei en colaboración coa Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) organiza unha xornada para a presentación da App En Movemento de Sanidade e Mediaverso da Dirección Xeral de Saúde Pública para persoas maiores de 60 anos. O obxectivo desta actividade é fomentar o envellecemento activo e prevención da fraxilidade mediante o uso da Realidade Virtual.
Hora da actividade: 10:30 h
Lugar da actividade: Ximnasio do pavillón de Outeiro de Rei
Poboación á que vai dirixida: persoas maiores de 60 anos
Inscricións: Na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. Tlf: 982393408