ganadores concurso de pintura

O sábado 6 de xullo, durante a celebración da XIII FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI, tivo lugar o concurso de pintura ao aire libre no que se inscribiron un total de dezaseis artistas aínda que dous deles non entregaron finalmente as súas obras, resultando premiados os seguintes traballos:

– 1º premio (800 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada O MUÍÑO realizada por RAÚL GIL BURÉS, DNI nº 33267096B.
– 2º premio (400 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada: REFLEXOS EN VERDE realizada por SERGIO RIBEIRO DNI nº 35440269Y..
– 3º premio (200 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada: FIANDEIRAS NA CALLE D realizada por EDUARDO PÉREZ BAAMONDE DNI nº 33852140G.

As obras premiadas poderán verse na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ata o día 30/07/2019 en horario de 10:00 h a 14:00 h.