A asociación Colectivo Egeria e o Centro Cultural José Domínguez Guizán (impulsor do Belén de Begonte), en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Begonte e Galicia Digital promoven unha exposición para conmemorar os “50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE” (1972-2022) composta por varios paneis que reflicten as datas e os datos máis destacados da historia do Belén, con mención especial ao Nadal de 1972.

A mostra estará exposta na Casa da Cultura de Outeiro de Rei e poderá ser visitada dende o día 17 ao 23 de novembro, en horario de 10:00 h a 14:30 h.