Deseñando o teu futuro é unha iniciativa promovida polo Concello de Outeiro de Rei destinada a mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 18 anos que lles permite aproximarse ao ámbito socio-laboral facilitándolles unha experiencia durante 5 días nalgunha das empresas do municipio que colaboran con este proxecto.
As persoas participantes, mediante a realización de tarefas acordadas coa empresa, e sempre baixo supervisión dunha persoa responsable, poderán adquirir unha serie de competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e formación. Así mesmo, @s participantes recibirán unha axuda de 15 € / día de asistencia e participarán no sorteo de varias táblets.
As estadías nas empresas está previsto que se realicen do 2 ao 6 de setembro en horario de mañá; o luns 9 realizarase unha visita ao viveiro industrial municipal.
Desde o Concello de Outeiro de Rei se informa que ainda quedan prazas dispoñibles e que o prazo de solicitude remata este venres día 19 de xullo podendo inscribirse ben presencialmente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei en horario de 9:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 382.