Con motivo da celebración do DIA INTERNACIONAL DA MULLER, o Concello de Outeiro de Rei presenta este venres na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h, o vídeo ÁS QUE TANTO NOS DAN_CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.

O Concello volve repetir a iniciativa de anos anteriores coa presentación dun vídeo pensado e elaborado especialmente para este 8-M pero dándolle un enfoque diferente. Nesta ocasión os/as protagonistas serán nenas e nenos que asisten a Outeiro Tardes, iniciativa incluída dentro do programa municipal de conciliación familiar,  que se encargarán de facer unha homenaxe a algunhas das mulleres coas que comparten o seu día a día e que sen dúbida son piares fundamentais nas súas vidas.

O acto estará presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e contará coa presenza dos nenos e das nenas protagonistas e tamén contaremos con Irene Vila Modia, da empresa BuleBule, realizadora deste traballo.

O Concello de Outeiro de Rei anima a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación e á posterior charla-coloquio.

Ao remate do acto haberá unha degustación de doces.