A Praza do Concello de Outeiro de Rei acollerá sábado día 2 de xullo a actuación do GRUPO FÉNIX a partir das 22:30 h.
É unha iniciativa do Concello de Outeiro de Rei para que veciños e veciñas do municipio que este ano non celebra as súas tradicionais Festas de Santa Isabel e todas as persoas que o desexen poidan gozar dunha noite especial, na que tamén haberá un momento singular para a tradicional sesión de fogos artificiais cos que despediremos a décimo cuarta edición da feira de artesanía, quedando despois moita noite aínda para seguir gozando da música.