O Concello de Outeiro de Rei organiza para este mércores 22 de novembro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 17:30 h, unha XORNADA INFORMATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E DECISIÓNS DE COMPRA promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.  

O obxectivo da mesma é informar sobre o etiquetado dos prezos e garantías e dereitos ao contratar un servizo ou mercar un produto para facer un consumo responsable.

Cartel Xornada sobre consumo responsable e decisións de compra