O Concello de Outeiro de Rei colabora co Motoclub VFM e a VF Challenge, trofeo federado de ámbito social que se celebra en diferentes circuítos de Galicia, na celebración de competicións de GP Sport, Minimotos, Supermoto, Minivelocidad, Motos Clásicas e Minimotard adultos, puntuables para o campionato de Asturias de velocidade, que terán lugar esta fin de semana, días 13 e 14 de abril, no circuíto de Outeiro (Robra).
Os adestramentos desenvolveranse o sábado 13 de abril en horario de 10:00 h a 19:00 h e as carreiras celebraranse o domingo 14 a partires das 11:00 h.