Ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao Concello de Outeiro de Rei se lle concedeu unha axuda de 30.000 € para a realización do proxecto Espazo para autorreparación e intercambio de obxectos.
Con este proxecto vaise poñer á disposición da cidadanía un espazo municipal de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios, o que vai constituír unha ferramenta de prevención da xeración de residuos domésticos, baseada no reaproveitamento de obxectos e materiais.