Durante a mañá de onte, desenvolveuse a campaña de fomento da compostaxe doméstica promovida polo Concello de Outeiro de Rei que se iniciou coa instalación dunha carpa informativa na Praza do Concello atendida por dúas técnicas que resolveron diferentes dúbidas sobre compostaxe e recolleron as solicitudes para obter un dos 50 kits de compostaxe doméstica que o Concello reparte gratuitamente entre os seus veciños e veciñas; a información completouse cunha charla formativa celebrada no Concello de Outeiro de Rei.
Na xornada houbo un total de 36 solicitudes e nas primeras horas do día de hoxe completarónse as 50 demandas posibles polo que persoas interesadas que aínda non solicitasen poden facelo igualmente nas oficinas municipais do Concello ou chamando ao 982 393 281 en horario de mañá ao obxecto de quedar en lista de reserva para o caso de que se produza algunha baixa. Os composteiros repartiranse por orde de solicitude.
Lembrar que campaña de compostaxe doméstica promovida polo Concello de Outeiro de Rei está destinada a aquelas persoas que residan nalgunha vivenda unifamiliar do municipio e dispoñan de xardín e/ou horta.
Esta campaña está financiada con fondos europeos Next GenerationEU da Unión Europea, a través da Xunta de Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e polo propio Concello de Outeiro de Rei.