Viviendas

VENDIDA

Particular vende casa con finca

Lugar: San Lourenzo

Contacto: Carlos ou Ramón

Particular vende casa de aldea situada na parroquia de San Lourenzo, preto da igrexa parroquial. Casa habitable de dúas plantas de aprox. 100 m², construída en pedra con cuberta de lousa; precisa restauración. Ten auga de pozo, luz e varios alpendres. Forma parte dunha finca de 21 000 m², parcela edificable e con posibilidade de segregación.

As persoas interesadas poden acadar máis información nos teléfonos: 646 627 029 (Carlos) e 666 937 062 (Ramón).

Particular vende casa

Lugar: Outeiro de Rei

Contacto: Manolo

Particular vende casa situada na Rúa do Concello de Outeiro de Rei, a escasos metros da Casa Consistorial.
Casa de pedra con cuberta de lousa que consta dunha planta baixa de 102 m2.
Ofrece posibilidades enfocadas tanto á rehabilitación como de nova construción permitíndose o aumento de altura da edificación.

As persoas interesadas poden acadar máis información no teléfono: 650 418 592 .

Particular vende casa

Lugar: Outeiro de Rei

Contacto: Manolo

Particular vende casa situada na Rúa do Concello de Outeiro de Rei, a escasos metros da Casa Consistorial.
Casa de pedra con cuberta de lousa que consta de dous andares; o primeiro de 220 m2 e o segundo de 155 m2.
Foi a antiga taberna da vila e ofrece múltiples posibilidades enfocadas tanto á rehabilitación como de nova construción (ideal para vivenda/s, negocio, etc).

As persoas interesadas poden acadar máis información no teléfono: 650 418 592 .

Particular busca casa de aldea con finca

Lugar: Outeiro de Rei

Contacto: Francisco

Particular busca casa de aldea con finca de 3 a 6 Has. de terreo e situada no municipio de Outeiro de Rei.

As persoas interesadas poden chamar ao teléfono: 659 388 657.

BAIXADA DE PREZO

Particular vende casa con finca

Lugar: Aspai

Contacto: Carballido

Particular vende casa de aldea situada en Aspai. Casa habitable de 70 m², de planta baixa e construída en pedra con cuberta de lousa. Ten auga de pozo, luz e varios alpendres. Forma parte dunha finca de 35 000 m², parte dela edificable. Prezo: 120 000 € .

Prezo: 105.000€ (120.000€)

Interesados/as chamar ao teléfono: 648 963 205 .

Particular vende piso

Lugar: Outeiro de Rei

Contacto: Inés/ Pepita

Particular vende piso situado nas vivendas de protección oficial de Outeiro de Rei.
Ten unha superficie de 65 m2 e consta de cociña amoblada, salón, dous dormitorios, baño, rocho e praza de garaxe.
Perfecto estado de conservación.

As persoas interesadas poden acadar máis información nos teléfonos: : 619 485 311 / 654 388 923 .

Particular vende casa con finca

Lugar: Candai

Contacto: Carmen Redondo

Particular vende casa de aldea situada no barrio de Candai de Arriba.
Casa construída en pedra que consta de dúas plantas. Ten auga de traída e de pozo, luz, enganche de teléfono…; con varios alpendres (forno, pendello para maquinaria, palleira,…) e rodeada por unha finca de aproximadamente 9 000 m².

As persoas interesadas poden acadar máis información no teléfono: 671 344 978 .

Concello de Outeiro de Rei
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.