Obradoiro dual de emprego Santa Isabel V

FINALIZADO

Os obradoiros duais de emprego desenvólvense durante doce meses e céntranse na realización de obras ou a  prestación de servizos de interese xeral e social.  A finalidade dos mesmos é posibilitar un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional das persoas beneficiarias e favoreza a súa posterior inserción laboral.

En 2023 a solicitude de subvención para a posta en marcha deste novo obradoiro foi realizada conxuntamente polos Concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito, sendo tramitada polo Concello de Outeiro de Rei, promotor do obradoiro.

As especialidades formativas a impartir  e as obras ou servizos a realizar no Obradoiro Dual de Emprego Santa Isabel V por municipios son as seguintes:

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

EOCB0110 Pintura decorativa en construcción e EOCB0311 Pintura industrial en construción (deste certificado soamente se impartirá o  módulo MF1936_2).

Certificado de profesionalidade de nivel 2 que se combina cun módulo do certificado de Pintura industrial en construción do mesmo nivel.

Para a realización do proxecto: ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE CENTROS SOCIOCULTURAIS MUNICIPAIS

CONCELLO DE CASTRO DE REI

EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción, EOCB0209 Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (deste certificado impartiranse os módulos MF 1320_1 e MF 1321_1) e EOCB0208 Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (deste certificado impartirase o  módulo MF0142_1).

Certificado de profesionalidade de nivel 1 que se combina con módulos dos certificados de Operaciones auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, ambos certificados  do mesmo nivel.

Para a realización do proxecto: CONSTRUCIÓN DE 96 SEPULTURAS NO CEMITERIO MUNICIPAL DE DUARRÍA E REHABILITACIÓN PARCIAL DA ANTIGA ESCOLA UNITARIA DA PARROQUIA DE MONDRIZ

CONCELLO DE COSPEITO

EOCB0209 – Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, EOCB0211–Pavimentos e albanelaría de urbanización (deste certificado impartiranse os módulos  MF 1929_2, MF 1930_2, MF 1931_2, MF1932_2 e MF2327_2) e EOCB0108–Fábricas de albanelaría (deste certificado impartirase o módulo MF0141_2).

Certificado de profesionalidade de nivel 1 que se combina con módulos de dous certificados de profesionalidade de nivel 2 (Pavimentos e albanelaría e Fábricas de albanelaría).

Para a realización do proxecto: MELLORA DE ESPAZOS URBANOS E BEIRARRÚAS NO CASCO URBANO DE FEIRA DO MONTE E HUMANIZACIÓN DA RÚA BILLERMA EN MUIMENTA.

Este obradoiro de emprego conta cunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade por importe de 531 046,20 € e  empregará a un total de 26 persoas entre alumnos/as traballadores (20), monitores/as (3), administrador/a (1), director/a (1) e mestre/a (1).

O Obradoiro de Emprego Santa Isabel V desenvolveuse do 22/11/2023 ao 21/11/2024

Concello de Outeiro de Rei
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.